A Alquimista na ALM de Berdeogas (Dumbría)
A tarde do sábado a Alquimista chegou á nosa biblio.
Chegou cargada de historias (historia da ciencia), pero tamén de fantasía e música.
Encantounos a actuación de Cristina Collazo, acompañada de Martiño.
Unha bonita maneira de achegar a ciencia aos máis pequenos, a través do teatro e a música.
Moi recomendable!






