Moc Moc actúa na Biblioteca do Vicedo
Cunha grande participación das nenas e nenos asistentes, xunto coas súas familias, o espectáculo Circo na Casa tivo moi boa acollida na súa actuación o xoves 30 de setembro pola tarde. Risas, palmadas, malabarismos para a tarde do xoves e cunha mensaxe clara de igualdade de xénero.





