TRÉCOLA PRODUCCIÓNS “CONTOS DA LÚA” EN CASTRO DE REI


O venres 1 de outubro varios grupos do colexio de Castro de Rei disfrutaron cos “Contos da lúa”, un contacontos apoiado con marionetas e bonecos planos.
Descubriron que mentres dormen a lúa mira pola ventá e entra nos seus soños. Ademáis viviron un soño moi especial, o dun neno que era un gran lector chamado Calcetín.




