MULLERES CIENTÍFICAS NA BIBLIOTECA PÚBLICA DE DODRO
O pasado día 8 de outubro, con motivo do Día da Ciencia en Galicia, a Biblioteca Municipal de Dodro acolleu a sesión: Mulleres Científicas por Ciencia Divertida.
Actividade, na que a través de experimentos, os pequenos puideron coñecer as grandes achegas de moitas mulleres (mulleres con nomes propios que cómpre coñecer) ao desenvolvemento da ciencia desde a antigüidade aos nosos días.