María Canosa e o lobo Ramón ensinan a valorar a diferenza
A coñecida e prolífica escritora María Canosa estivo este sábado 23 de outubro en Catoira co espectáculo de narración oral “Que vén o lobo!! e todos queren que o lobo sexa Ramón”.
Trátase dun divertido contacontos baseado na obra da autora “O lobo Ramón”, onde se valora a personalidade, a diferenza que nos fai únicos, e o valor necesario para converter isto nunha fortaleza.





