María Canosa e o lobo Ramón ensinan a valorar a diferenza

Este domingo, 3 de outubro, recibimos en Catoira a visita dun xornalista moi especial, Paco Nogueiras, que nos contou, cantou, tocou e bailou as novas do “Extra!”. Cos divertidos temas do seu último libro-disco movemos o cú nas butacas sen parar!
O domingo 25 de outubro visitounos Brais das Hortas co seu espectáculo “Contos para caghar patatillas”. A través da narración de diferentes historias de medo, ensinounos a facerlle fronte aos nosos medos, con humor e divertidas actuacións musciais. Foi un espectáculo moi dinámico e entretido.
O domingo 10 de outubro estivo en Catoira David Ballesteros, da compañía Ceo Aberto, ofrecendo unha interesante charla na que o público, integrado por case 80 seguidores da saga de Harry Potter, descubriu os segredos que se agochan detrás maxia, baseados case sempre na ciencia.
O domingo 4 de outubro visitounos en Catoira Mere Clown, co seu espectáculo “A verdadeira historia de Hamelín”, unha versión ben diferente á que todas/os coñecemos.
O humor e números de malabares tamén formaron parte dun espectáculo no que o artista interactuou constantemente co público infantil.
O sábado 26 de outubro iniciamos en Catoira as celebracións de Samaín cun espectáculo de Inacio Vilariño, de Fantoches Baj. En “Espantamedos” este magnífico artista conta, canta, toca e baila para mostrar á rapazada que detrás dos nosos medos hai sempre unha explicación e que, coñecer eses motivos pode axudarnos a superalos. Foi un espectáculo do máis divertido, que mantivo ao público cos ollos e as orellas ben abertas.
A compañía Migallas Teatro estivo o sábado 5 de outubro en Catoira co espectáculo “Canta connosco!”. Pequenos e maiores gozaron coas divertidas historias e anécdotas deste libro-disco-dvd que María e Carlos nos contaron e cantaron.
As rapazas e rapaces recibiron a visita de Dada o duende e escoitaron os seus apaixonantes contos. A ecoloxía, a igualdade e o compañeirismo estiveron moi presentes nesta marabillosa xornada de diversión na BPM de Catoira.
O domingo 29 de setembro vivimos en Catoira unha xornada na que desfrutamos da obra A Pluma Viva de Rosalía, da compañía Os Quinquilláns.
Coa Pluma Viva de Rosalía achegámonos á obra de Rosalía de Castro. Puxémonos na súa pel ao imaxinarnos as dificultades que tivo que sufrir unha muller escritora no seu tempo, trabas que hoxe en día seguimos padecendo na nosa sociedade.
A compañía Os Quinquillans realizou unha interpretación maxistral, esperamos volver a velos por Catoira proximamente!
Séguenos