Creamos obras de arte con papel na biblioteca de Catoira
Este domingo 8 de outubro tivemos a sorte de aprender a esculpir fantásticas obras de arte coa axuda de Electra, de Pedras de Papel. Baseándonos nunha técnica tradicional e sostible, e botando man da imaxinación, podemos convertir refugallos de cartón e papel en fermosos obxectos, personaxes ou figuras abstractas. Un obradoiro do máis recomendable.