Momentos da representación do espectáculo musical “Brinca Vai” no Auditorio Municipal do Concello de Catoira.
O artista interactuou en todo momento co público asistente, logrando un rotundo éxito na súa actuación.
Resultado da actividade plasmado na pel dos pequenos artistas
O sábado 26 de abril, a compañía Trinke Trinke representou na Biblioteca Pública Municipal de Catoira o espectáculo “Aventuras na cociña”. Foi unha sesión de contos diferente. Un ratiño presentounos un divertido menú a base de froitas e verduras que se convertían en personaxes de incribles historias.
O artista Magín Blanco ofreceu un concerto o sábado 22 de marzo ás 19:30 horas, incluíndo diversos temas dos libros nos que colaborou (Rosalía Pequeniña, María Fumaça, A nena e o grilo…). A actividade desenvolveuse na Biblioteca, logrando un éxito de público e conseguindo animar tanto a pequenos como aos adultos.
A tarde do 22 de setembro, con preto de 30 graos en Catoira, un grupiño de nenas afeccionadas ás letras visitaron a Biblioteca Pública Municipal para escoitar as refrescantes historias que nos trouxo Manuel Solla, da AC Os Carballiños.
Os nenos e nenas de Catoira puideron coñecer algo máis sobre outras culturas a través da súa mitoloxía, prestando especial atención á dos vikingos, xa que este obradoiro impartiuse o 3 de agosto, en plena celebración da Romaría Vikinga. A través de proxeccións, libros e actividades, os pequenos descubriron eses mundos que mesturan realidade e ficción.
O domingo 3 de agosto, coincidindo coa celebración da Romaría Vikinga, os nenos de Catoira gozaron dun divertido espectáculo de monicreques na Praza do Concello, situada a carón da Biblioteca. Os artistas de Seisdedos animaron o público con personaxes como a bruxa Lola ou a cabuxa Carolina.
Raquel Queizás e a súa “Maletra” cargada de divertidas historias visitaron a BPM de Catoira o 3 de maio. Pequenos e maiores divertíronse moito axudándolle a sacar as letras e palabaras que deron vida a fermosas historias e misteriosos relatos.
Séguenos