Xoán Curiel – Cantando as nosas letras
Na Axencia de lectura municipal do Concello do Páramo, tivo lugar o día 02.10.2021 a actuación de Xoán Curiel, un grande artista galego.
Na Axencia de lectura municipal do Concello do Páramo, tivo lugar o día 02.10.2021 a actuación de Xoán Curiel, un grande artista galego.
O Mago Teto actuóu no Páramo o día 24.09.2021 e non defraudou a un público de nenos e maiores entregado ao espectáculo de Teto, A Maxia dos Contos. Coa sua actuacións deixou coa boca aberta aos espectadores.
O día 6.08.2021, na Axencia de Lectura Municipal de O Páramo, puidemos gozar do espectáculo de Bandullo Azul, “Filipa cos Contos”. Unha tarde de bo tempo e asistencia de público fixo do entorno da axencia un lugar bonito, no que se escoitaron historias de contos tradicionais.
CONTOS DO MUNDO é un proxecto de educación multicultural que promociona valores coma o respecto e a solidariedade entre nenas e nenos de 5 a 10 anos. A través da narración e representación de varios contos, recollidos en 5 libros editados por Solidariedade Internacional de Galicia, acheganse as nenas e nenos a cultura de países coma Guatemala, Senegal ou Palestina.
A través dos sentidos favoreceremos entre as nenas e nenos o coñecemento doutros lugares do mundo nas que se viven realidades distintas as nosas e deste xeito afianzaremos valores de cooperación, tolerancia, respecto a diversidade ó tempo que fomentamos a lectura.
Un fabricante de corzóns visita as bibliotecas para reciclando as malas novas da violencia de xénero, do machismo e as desigualdades de xénero fabricar corazóns de papel reciclado e contar contos con monicreques do comercio xusto tecidos por cooperativas de mulleres baixo o título de “O bosque das mulleres árbore” homenaxe a premio nobel da paz Wangari Maathai
Thais provén dunha longa saga de ladroas…todas mulleres. Despois de estudar nunha das máis prestixiosas academias de crime organizado empeza a gozar da súa independencia como adulta…pero non sabe si esta vida está feita para ela.
A partir da peza pódese traballar con contos clásicos e de autor xa que como contidos transversais encaixan temas relacionados como narrativa tradicional, mulleres emprendedoras ou intelixencia emocional.
Interesante actividade en A Mezquita
Actividade en torno o día das letras Galegas, pero que se pode facer en calquera época do ano.
Unha divertida actividade contada onde dúas traballadoras da biblioteca fan un percorrido pola nosa literatura en torno da obra de Xela Arias e outros autores.
O público pudo imaxinar e participar do percorrido da vida de Xela Arias dende pequeña ata que publicou as súas obras.
No domingo 24 de outubro no Äuditorio, contamos con Atenea García con “Estrafalaria” que coactua co público usando diversos obxetos par captar a sua atención e entreter.
Indicado para tratar a igualdade, xa que as historias tratan de mulleres que gobernan sen axuda dos homes
O pasado 25 de outubro contamos de novo e por cuarto ano consecutivo coa maxia de Leo Leiño, esta vez co seu espectáculo ” A peregrina Máxica”.
Como sempre un espectáculo cheo de maxía e humor, onde Leo e a súa axudante Cris deleitaron a grandes e pequenos cos seus trucos e as súas historias.
O concello de Bóveda disfrutou da actuación de Xoán Curiel para conmemorar o Día das Bibliotecas. Un pracer para os sentidos, coma sempre, escoitar a voz e a música deste grande artista galego.
Séguenos