DEBUXAR AS LETRAS
AGRADABLE TARDE DOS NOSOS NENOS NA BIBLIOTECA DA MEZQUITA, NA QUE REALIZARON AS FORMAS BÁSICAS DAS LETRAS MINÚSCULAS E MAIÚSCULAS.
AGRADABLE TARDE DOS NOSOS NENOS NA BIBLIOTECA DA MEZQUITA, NA QUE REALIZARON AS FORMAS BÁSICAS DAS LETRAS MINÚSCULAS E MAIÚSCULAS.
Unha actividade coa que se deu coñecer e visibilizou o traballo de grandes pintoras coma Maruxa Mallo, Menchu Lamas, Remedios Varo…
A actividade consistiu nunha breve explicación sobre que son as cores e como se producen, mentres visualizamos as obras máis representativas de estas mulleres.
esión de contacontos para a infancia na que se pon atención na respiración, nas posturas de ioga e na creatividade para, entre todas as crianzas participantes, contar a historia coa voz, co corpo e coa iMaxinación.
1º Galicia Ilusiona coa Maxia do mago Pedro Bugarín! espectáculo emocionante, versátil e sempre en clave de humor que mantén a esencia da maxia divertida e moi moi participativa. Non deixará indiferente a ninguén.
Destacar que a simpatía do artista foi moi importante para o espectáculo que contou con moita diversión e risas por parte do publico asistente.
COÑECER OS SENTIMENTOS DOS SERES DO FONDO DAS FRAGAS, RIOS E MARES GRAZAS Á MÚSICA.
CONTOS DO MUNDO é un proxecto de educación multicultural que promociona valores coma o respecto e a solidariedade entre nenas e nenos de 5 a 10 anos. A través da narración e representación de varios contos, recollidos en 5 libros editados por Solidariedade Internacional de Galicia, acheganse as nenas e nenos a cultura de países coma Guatemala, Senegal ou Palestina.
A través dos sentidos favoreceremos entre as nenas e nenos o coñecemento doutros lugares do mundo nas que se viven realidades distintas as nosas e deste xeito afianzaremos valores de cooperación, tolerancia, respecto a diversidade ó tempo que fomentamos a lectura.
Un fabricante de corzóns visita as bibliotecas para reciclando as malas novas da violencia de xénero, do machismo e as desigualdades de xénero fabricar corazóns de papel reciclado e contar contos con monicreques do comercio xusto tecidos por cooperativas de mulleres baixo o título de “O bosque das mulleres árbore” homenaxe a premio nobel da paz Wangari Maathai
Thais provén dunha longa saga de ladroas…todas mulleres. Despois de estudar nunha das máis prestixiosas academias de crime organizado empeza a gozar da súa independencia como adulta…pero non sabe si esta vida está feita para ela.
A partir da peza pódese traballar con contos clásicos e de autor xa que como contidos transversais encaixan temas relacionados como narrativa tradicional, mulleres emprendedoras ou intelixencia emocional.
Interesante actividade en A Mezquita
Actividade en torno o día das letras Galegas, pero que se pode facer en calquera época do ano.
Unha divertida actividade contada onde dúas traballadoras da biblioteca fan un percorrido pola nosa literatura en torno da obra de Xela Arias e outros autores.
O público pudo imaxinar e participar do percorrido da vida de Xela Arias dende pequeña ata que publicou as súas obras.
O DÍA 23 DE OUTUBRO A TRAVES DE EDUVIA XESTIÓN, CULTURA E LECER, S.L. TIVEMOS ESTA ACTIVIDADE NA QUE A TRAVÉS DE FERMOSOS CONTOS SE REFLEXIONAOU SOBRE A RELACIÓN COS DEMAIS
.
Séguenos