LEO LEIÑO EN IRIXOA
LEO LEIÑO PRESENTOU EN IRIXOA Pola Igualdade dende a maxia
O pasado día 8 de xullo Leo Leíño visitou Irixoa. Nun campamento de verán a través da maxia explicoulle ás nenas e aos nenos que homes e mulleres temos os mesmos dereitos e obrigas. Díronlle a coñecer a mulleres que loitaron polos dereitos. Falaron tamén de bullyng, violencia, xenofobia, e grazas a maxia intentaron que destas cousas malas xurdira a igualdade e a tolerancia.