22/07/2022
Dende a Biblioteca fomos a ludoteca donde se desenvolveu a actividade. É un conto moi ben teatralizado que fala da historia dun galo, gran cantor, que é observado todolos días, atentamente, polo seu fillo e polo resto dos animais da granxa. Cando o canto do galo se ve mermado pola idade, xubílano e enton pídenlle ao seu fillo que sexa quen o sustitúa. O galo novo fai grandes esforzos por arremedar ao seu proxenitor pero todo é inútil. Mesmo era obxecto de chacotas por parte dos outros animais da granxa. Unha noite, entrou no galiñeiro un golpe coa intención de matar a todas as galiñas e, logo, comelas. O galete preso do arrepío botou, daquela, un cante mellor incluso co do seu xubilado pai. As galiñas espertaron, os cans, as vacas e tamén a dona da granxa. O raposo tivo que fuxir e, dende a quela, o galete, o mesmo ca seu pai, foi o o encargado de aledar co seo cante a alborada na granxa e da aldea.
A teatralizadora do conto quítalle ensinaza e explícalle aos nenos como hai que ser calmos no devir dos acontecementos que, un día, a de chegar a vez que nos toca.
Séguenos