“O Principiño en figuras de luz” na BPM de A Guarda
O Principiño visitou A Guarda cunha mensaxe para nenos, nenas e familias: Fai da túa vida un soño e de teu soño unha realidade! “O Principiño en figuras de luz” é un espectáculo da AC Jóvenes Científicos que transmite mensaxes do libro “O Principiño” mediante figuriñas luminosas. Nenos, nenas e maiores disfrutaron dun espectáculo de luz, cor, ciencia, e palabras.





