“Miña casiña, meu lar” pasou polas Neves
O pasado mércores 12 de outubro, o contacontos Caxoto achegou as mensaxes sobre o coidado do medio e a reciclaxe a máis de 30 nenas e nenos que gozaron dunha actividade lúdica e educativa.
A actividade xerou tanto interese que mesmo algunhas persoas adultas tamén se animaron a quedar escoitando.





