Contos arredor do lume, con Alba de Vales na Biblioteca das Neves
O pasado sábado 16 de maio Alba de Vales acercouse ata As Neves para realizar a súa actividade “Contos arredor do lume”. Boa actuación e gran traballo.

O pasado sábado 16 de maio Alba de Vales acercouse ata As Neves para realizar a súa actividade “Contos arredor do lume”. Boa actuación e gran traballo.


O mago Paco veu As Neves este domingo 25 ás 19:00 para realizar o seu Contamaxias para os nenos e nenas das Neves. Que ben o pasaron coa súa maxia diveretida!


O pasado 26 de abril de 2025 acudiu a Biblioteca Municipal das Neves Aida Alonso. Veu para realizar o obradoiro “Cal é o teu libro favorito?”. O resultado foi un éxito. Ata un total de 8 nenos e nenas viñeron divertirse e realizar en papel o que era o seu protagonista ou personaxe de libro favorito.

Xogos de maxia cos que se puxeron de manifesto as diferenzas das persoas dende un punto de vista divertido e ilusionante
.

De novo volve a ilusión da maxia ao no noso Concello, os máis cativos desfrutaron dunha tarde máxica.

Aventuras, fantasía e contos sorprendentes que fomentaron a curiosidade e imaxinación dos máis cativos.

Na tarde de onte, 20 de outubro, Cris de Caldas achegouse ás Neves e contounos os contos da ‘bibliotecaria estrafalaria’, cos que gozamos incluso interpretando os sons dos animais!

O pasado mércores 12 de outubro, o contacontos Caxoto achegou as mensaxes sobre o coidado do medio e a reciclaxe a máis de 30 nenas e nenos que gozaron dunha actividade lúdica e educativa.
A actividade xerou tanto interese que mesmo algunhas persoas adultas tamén se animaron a quedar escoitando.

Esta tarde, Damián Alonso véu á Casa da Xuventude das Neves e ensinounos os primeiros pasos para facer un podcast.
Foi fantástico poder aprender dun profesional coma el!



Séguenos