“Onde viven os monstros” con Carmen Domech na biblioteca de Darbo

O pasado mércores día 19 de outubro estivo na nosa biblioteca Carmen Domech.
Deleitounos cun contacontos con títeres de tres historias diferentes, todas elas moi “monstruosas”: Onde viven os monstros, O monstro de cores, e unha historia creada pola propia Carmen coa que puidemos coñecer moitos dos “monstros” perxudiciais presentes nos nosos alimentos.
Cada un dos contos tiña un decorado diferente, todos elaborados de xeito artesanal e moi detallados, os títeres moi fermosos, como toda a actuación no seu conxunto.
Nenos e maiores saíron moi contentos da actividade.




