O Mago Deimi na Biblioteca de Riotorto
O pasado xoves, 20 de outubro, tivemos na Biblioteca Pública de Riotorto a actuación do Mago Deimi, espectáculo que nos deixou coa “boca aberta” pola gran variedade de trucos que fixo. Tamén cabe destacar que foi un espectáculo moi dinámico e participativo xa que sacou a moitos dos espectadores ó escenario para colaborar nos seus xogos de maxia.




