Papelarte na BPM do Ézaro (Dumbría)
O pasado venres recibimos a Pedras de papel. Artesanía e Patrimonio, co obradoiro Papelarte.
Partindo dos libros da nosa biblioteca, a rapazada escolleu distintos personaxes para facer unha escultura de cada un deles.
Empregando papeis reciclados, e seguindo a técnica do cartón pedra, os personaxes dos libros cobraron forma 3D.
Gustou moito.
Profesionalidade e predisposición por parte da monitora.







