O mago Paco na ALM de Dumbría
Onte pola mañá visitounos o Mago Paco na biblioteca de Dumbría.
Mesturou contos, xogos, música e maxia que fomentaron, sen dúbida algunha, o interese da rapazada polos libros e a lectura.
Demostrounos que a imaxinación é a mellor e imprescindible ferramenta para vivir.
Á rapazada do colexio de Dumbría encantoulles.





