A Biblioteca de Quiroga celebrou o Día das Letras Galegas
Onte a Biblioteca de Quiroga completou o programa de actos de conmemoración do Día das Letras Galegas co espectáculo de animación infantil “Unha de Piratas”a cargo de AC Os Carballiños. Un conto con títeres, música en directo e moita participación dos nenos e nenas asistentes.




