“Filipa cos contos” en Ribeira
Xa comezou o Maio Cultural e con el unha manchea de contos para toda a familia nos sábados pola mañá.
“Filipa cos contos”, con Fran Campos da compañía Bandullo Azul
Espectáculo de narración oral con monicreques para nenos e nenas de 3 a 12 anos e as súas familias
Data: sábado, 06/05/20223
Hora: 12.00 h
Lugar: Centro Cultural Lustres Rivas
Unha sesión “filipante” de contos para toda a familia. Historias tradicionais, música e humor repártense entre os dous contadores que soben a escena: o actor Fran Campos e a súa amiga Filipa, que dará un valor engadido ás historias de carácter tradicional: a súa experiencia. Pero ollo, que non son uns contos calquera. Entre eses contos haberá tamén historias cantadas. Haberá historias e xogos de palabras feitas cancións. Historias non só do noso contorno máis próximo, senón tamén doutras terras. Contos “filipantes”, acompañados dunha guitarra. Fran Campos e Filipa, os dous e cadaquén ao seu xeito, farán posible unha sesión para todos os públicos. Tanto nenas e nenos como maiores poderán gozar, aprender, reflexionar… desde as súas distintas visións dos contos populares. (Bandullo Azul).





