Dando a benvida ao verán aprendendo como montar a nosa propia Banda!
O pasado xoves día 29 de xuño, dentro do programa “A Biblioteca de Verán da Bola”, Xoan Curiel ensinou a grandes e crianzas como montou a súa banda de verán, entre anécdotas e cancións divertidas e moi fresquiñas para esta época estival á que deu paso o remate do curso lectivo e que todas as familias están desexando disfrutar. Foron varios os rapaces e rapazas que se animaron a cantar e tocar con Xoán, e tamén algunhas nais! Pasamos unha tarde moi familiar e agradable 🙂





