Black Galicia arrasa coa súa calidade no Vicedo
Black Galicia ofreceu un espectacular concerto o pasado xoves 17 de agosto na Casa da Cultura do Vicedo. Un concerto onde se repasou a historia de moitas mulleres do soul cunha vida complicada pero que aínda así foron grandes estrelas da música. Un público moi entregado e respectuoso disfrutou do fantástico repertorio de Iria Mejuto.








