A biblioteca de Cambre recibe a descarga de Paco Nogueiras
O público familiar de Cambre puido gozar onte dunha estupenda sesión de animación á lectura no marco da programación de Ler Conta Moito.
A tarde do mércores, a Biblioteca Central María Pita (Cambre) recibiu a visita de Paco Nogueiras co seu espectáculo de artes escénicas para nenas e nenos, baseado no libro-cd-dvd “Brinca Vai!”, no que se combinan cancións, animacións e interpretacións cos ritmos e rexistros máis divertidos.