Un saco de contos nas bibliotecas de Cambre
A biblioteca municipal Xabier P. Docampo de A Barcala (Cambre) viviu o pasado venres unha estupenda tarde de contos con Ángeles Goás.
A biblioteca municipal Xabier P. Docampo de A Barcala (Cambre) viviu o pasado venres unha estupenda tarde de contos con Ángeles Goás.
Onte, xoves 21 de setembro, a Biblioteca Municipal Os Templarios acolleu un fermoso espectáculo de artes escénicas dirixido a estimular ao noso público pre-lector de 0 a 3 anos e ás súas familias.
Onte á tarde, en Cambre, as familias gozaron da maxia das historias ilustradas na Biblioteca Central María Pita. A actividade consistiu nun contacontos con debuxo en directo.
A Biblioteca Central María Pita abriu este mércores 13 a programación de animación á lectura da rede de bibliotecas municipais de Cambre para o curso que comeza cunha tarde contos e cancións para público infantil e familiar.
Na tarde do xoves 20 de outubro, Pablo Díaz visitou a Biblioteca Municipal Os Templarios (O Temple-Cambre) para ofrecer unha deliciosa sesión de contos, coa música como fío condutor. ‘Cantacontos para bebés’ serviu de estímulo para os máis cativos, tratando temas e rutinas adaptadas e propiciando un estupendo ambiente familiar na biblioteca de O Temple.
A Biblioteca Central de Cambre acolleu onte, mércores 19 de outubro, unha divertida sesión de maxia para todos os públicos, a cargo do Mago Teto. Co obxectivo de espertar o interese pola arte da maxia, o espectáculo ‘4500 Anos da incrible historia da maxia (Parte 1 e 2)‘ repasou as fantásticas e sorprendentes historias do xénero, acompañadas coa realización de xogos de magos doutros tempos e a explicación dalgúns dos mellores trucos de maxia da historia. De xeito complementario, a biblioteca realiza estes días unha exposición dos seus fondos bibliográficos sobre o asunto.
O xoves 6 de outubro, a Biblioteca Municipal Os Templarios, acolleu a actividade Contos de Chuches Amil.
Fran Amil ofreceu unha divertida sesión de contos procedentes dos seus disco-libros “Un conto ao revés” e “Monstros. Con ou sen consentimento”, ilustrada coas súas propias cancións.
Na tarde do mércores 5 de outubro a Biblioteca Municipal Central de Cambre contou coa presenza de Yolanda Castaño. Esta recoñecida escritora bosquexou para o público asistente a súa peripecia profesional, os obstáculos, prexuízos e conflitos que viviu na súa determinación de ser Muller, poeta, en galego e… Polo mundo!
Unha charla moi amena que ilustra a necesaria loita de emancipación feminina desde o celme mesmo da nosa literatura.
Este xoves, 29 de setembro, a Biblioteca Municipal Os templarios de Cambre acolleu ‘Que animaliño é?’, un divertido espectáculo de Trémola Teatro. Os bebés e as súas familias puideron gozar dunha sesión que mesturou teatro, música, danza e mesmo burbullas, creando un fermoso espectáculo sensorial que estimulou os sentidos de todas as persoas participantes.
Na tarde do mércores 28 de setembro tivemos unha visita moi especial na Biblioteca Municipal Central de Cambre. Antes de comezar coa actividade de animación á lectura, un barrendeiro que pasaba por alí chamounos a atención sobre a importancia de non botar cousas ao chan para despois enredarnos a todas as persoas participantes cunha chea de divertidas anécdotas e contos ambientais.
O espectáculo ‘Miña casa, meu lar (contos ambientais)’, da man do narrador oral Caxoto, ademais de facernos rir e participar en distintos xogos, fíxonos pensar sobre a necesidade de coidar o noso entorno para que el nos coide a nós.
Séguenos