As familias de Cambre coñecen os superpoderes de Lía

Este martes, a Biblioteca Municipal Os Templarios (O Temple – Cambre), acolleu un novo e inspirador contacontos, titulado ‘Os rizos de Lía’, a cargo de Patricia García Lesta.

As familias de Cambre puideron gozar da historia de como Lía que atopou a verdadeira maxia da bondade, do amor e a valentía que resulta da confianza en si mesma para enfrontar os seus medos.






