Música Miúda chegou a Cambre para mudar o conto
O pasado martes 30, a Biblioteca Municipal Os Templarios (O Temple – Cambre) acolleu o divertido contacontos musical “Cambia o conto“, a cargo de Música Miúda.

O numeroso público asistente puido gozar dun proxecto que parte dos contos tradicionais, creando novas historias e cancións cunha perspectiva non sexista.






