O Mago Teto levou a Cambre algúns dos mellores trucos da historia da maxia
A Biblioteca Central de Cambre acolleu onte, mércores 19 de outubro, unha divertida sesión de maxia para todos os públicos, a cargo do Mago Teto. Co obxectivo de espertar o interese pola arte da maxia, o espectáculo ‘4500 Anos da incrible historia da maxia (Parte 1 e 2)‘ repasou as fantásticas e sorprendentes historias do xénero, acompañadas coa realización de xogos de magos doutros tempos e a explicación dalgúns dos mellores trucos de maxia da historia. De xeito complementario, a biblioteca realiza estes días unha exposición dos seus fondos bibliográficos sobre o asunto.
Séguenos