Cambre acolleu un contacontos con debuxo ao vivo
Onte á tarde, en Cambre, as familias gozaron da maxia das historias ilustradas na Biblioteca Central María Pita. A actividade consistiu nun contacontos con debuxo en directo.
A escritora e ilustradora Estefanía Padullés foi desenvolvendo unha historia a través do debuxo para rematar dándolle o protagonismo ás familias que inteactuaron co conto, debuxando e dando cores aos seus personaxes.