Cambre ‘Conta e canta’
A Biblioteca Central María Pita abriu este mércores 13 a programación de animación á lectura da rede de bibliotecas municipais de Cambre para o curso que comeza cunha tarde contos e cancións para público infantil e familiar.
A sesión, a cargo da ilustradora Blanca Millán e o autor R.J. Peralta, consistiu nun divertido contacontos musical no que as nenas e nenos acompañaron coas súas voces algúns temas relacionados coa tradición das filloas, co labor dos avós e avoas nas familias e coa amizade.