Un saco de contos nas bibliotecas de Cambre
A biblioteca municipal Xabier P. Docampo de A Barcala (Cambre) viviu o pasado venres unha estupenda tarde de contos con Ángeles Goás.
A experimetada contacontos Ángeles Goás trouxo a Cambre unha selección variada de contos que saen dun saco máxico que vai regalando historias a cambio de adiviñas, contos, recitados ou trabalinguas.