Fai o teu cómic!
Aquí vos deixamos algunhas fotos do obradoiro de banda deseñada que tivemos onte con Iria de Gnomo. Deunos unhas nocións básicas da linguaxe do cómic e da súa evolución lanzándonos ao pouco crear as nosas propias historias e personaxes. Eis o resultado!









