Maxia para soñar enche a praza do Concello de Campo Lameiro
O domingo 1 de outubro tivemos a visita de do ilusionista Mago Marco coa actuación “Maxia para soñar” que nos nos deleitou cunha viaxe de soños e ilusións cheas de misterio. Un espectáculo que encheu a praza do Concello de Campo Lameiro de sorrisos, asombro e incredulidade entre os cativos, a mocidade e os adultos que non quixeron perder esta gran actuación.





