ÉXITO DE PÚBLICO PARTICIPANTE NO MEGA-OBRADOIRO DE GLOBOFLEXIA




O domingo 1 de outubro tivemos a visita de do ilusionista Mago Marco coa actuación “Maxia para soñar” que nos nos deleitou cunha viaxe de soños e ilusións cheas de misterio. Un espectáculo que encheu a praza do Concello de Campo Lameiro de sorrisos, asombro e incredulidade entre os cativos, a mocidade e os adultos que non quixeron perder esta gran actuación.
As nenas e nenos que participaron no “Escape Room” de Campo Lameiro celebrado no Auditorio Sobrino Buhigas pasaron unha tarde moi divertida cun xogo de pistas para lograr o obxectivo marcado pola organización.
Un interesante xogo que permite interrelacionar aos participantes, facer equipos, utilizar a imaxinación, o inxenio e estimular a intelixencia. O público asistente pasouno de marabilla!!!! Esta actividade, está enmarcada dentro do programa “Ler conta moito” de dinamización da lectura nas bibliotecas e conmemora o día europeo das linguas (26 de setembro).
Escape Room – Héroes para ciencia
Escape Room – Héroes para ciencia
O sábado 4 de setembro pon o broche final as actividades do programa da Semana Cultural a función “Maxia para soñar” protagonizada polo Mago Marco que nos propón unha viaxe de soños e ilusións cheas de misterio. Un espectáculo que encheu a praza do Concello de Campo Lameiro de sorrisos, asombro e incredulidade entre os cativos, a mocidade e os adultos que non quixeron perder esta gran actuación. Esta actividade está enmarcada dentro do programa “Ler conta moito” de dinamización da lectura nas bibliotecas para celebrar a semana cultural do noso Concello.
Continuando coa Semana Cultural, dentro do programa “Ler Conta Moito”, o venres 3 de setembro Fátima Rodríguez “Fatiropina” conseguiu a implicación de todas as nenas e nenos coa actividade “Mulleres Pintoras”. Gozaron pintando nas paredes do Concello nas que puxo varios murais. Esta actividade está enmarcada dentro do programa “Ler conta moito” de dinamización da lectura nas bibliotecas para celebrar a semana cultural do noso Concello.
Estiveron pintando ata ven entrada a noitiña, gozaron coa pintura, e todo lles valía…pinceis, esponxas, mans…. Xulgade vós mesmos os grandes artistas que temos en Campo Lameiro!
O pasado mércores 1 de setembro chegou a Campo Lameiro unha animada actividade musical, da man de “BatucaDO e Emusin”, que fixo as delicias dos máis cativos …e os que non o SON tanto. Esta actividade está enmarcada dentro do programa “Ler conta moito” de dinamización da lectura nas bibliotecas para celebrar a semana cultural do noso Concello.
Por mor da climatoloxía finalmente a actividade realizouse no Centro Sociocultural Sobrino Buhigas que, cumprindo coas medidas preventivas da Covid-19, case queda co aforo completo. Un éxito absoluto co que dar comezo a Semana Cultural de Campo Lameiro.
O luns, 12 de xuño, visitou Leo Leiño a biblioteca co seu espectáculo de maxia divertida e sorprendente. Os seus trucos de maxia provocaron a sorpresa e entusiasmo dos máis pequenos que non querían que acabase o espectáculo.
Séguenos