O LIBRO DOS PÓS MÁXICOS
O 25 de outubro, Marisa Irimia mostrou a súa impecable traxectoria narrativa ante un público moi numeroso que foron os alumnos de Primaria do CEIP Avelino Díaz de Meira. Un espectáculo moi atractivo ” O libro dos pós máxicos “. Foi unha xornada moi enriquecedora na que os nenos desfrutaron desta emocionante creación narrativa que vai da man dunha gran creadora escénica.





