26/08/2014

O día tres de abril, a Biblioteca Pública Municipal de Meira, recibiu a Sarabela Teatro dentro do programa de Ler Conta Moito, representando “Conto Espress”. Estivo dirixida ós nenos de segundo e terceiro ciclo de primaria.
O día 24 de abril, a Biblioteca Pública Municipal de Meira tamén recibiu a actividade de “Non máis guerras” dentro do programa de Ler Conta Moito, a representación veu da man de Trinketrinke Teatro e iba dirixida ós nenos de infantil e primeiro ciclo de primaria.
Calquera das programacións foron enfocadas a tódolos alumnos do CEIP de Meira co fin de que tódolos nenos viñeran a visitar a Biblioteca e aproveitar esta saída para levar a cabo as sesións de contacontos.
Foron dúas actuacións espectaculares nas que os nenos e nenas o pasaron en grande logrando sempre por parte dos actores o obxectivo de estender a promoción da lectura e de implicar ós máis pequenos no mundo dos contacontos.

Séguenos