YOLANDA CASTAÑO EN SAN SADURNIÑO


A poeta Yolanda Castaño trouxo onte a San Sadurniño a charla “Muller, poeta, en galego… e polo mundo!”, na que deu conta das dificultades e prexuízos machistas que ela e outras mulleres creadoras tiveron que superar para abrirse paso no ámbito literario. Porén, Castaño -Premio Nacional de Poesía 2023- tamén aproveitou para falar de Luísa Villalta, homenaxeada este ano polas Letras Galegas. Malia seren de dúas xeracións distintas, aínda que próximas, ambas compartiron proxectos e amizade até o pasamento prematuro da autora coruñesa, descrita por Yolanda Castaño como unha muller “dunha grande paixón creativa”.




