Obradoiro creativo polas Letras Galegas
Para celebrar o Día das Letras Galegas organizamos na biblioteca de Esgos o obradoiro “Unha viaxe creativa polas estacións do ano” o pasado xoves 16 de maio.

Da man de Academia As Curuxas, aula das ciencias de Allariz elaboramos con materiais de refugallo un testo para plantas. Tamén tivemos tempo para facer follas decorativas coa técnica do macramé.

Participaron 14 mulleres (ningún home) de edades diferentes que puideron levar para a casa as súas creacións




