CONTOS ANIMADOS na Biblioteca Pública de Meis
En conmemoración ao Día Mundial do Medioambiente, para sensibilizar á sociedade sobre a importancia de garantir unha protección duradeira do planeta e dos seus recursos naturais, onte á tardiña, dende a Biblioteca Pública de Meis , puxemos de manifesto esta data coa actividade “Contos ANIMADOS ” da man do grupo Os Carballiños. Un espectáculo de animación á lectura, con historias, contos, maxia e personaxes fantásticos, no que coa interacción e participación do público asistente, puidemos adentrarnos no mundo máxico dos seres fantásticos que habitaban nunha maleta viaxeira, tales como: unha ra, un coello, un ratiño, un grilo, un can e moitos máis animais dos que debemos mimar e coidar día tras día para preservar o encanto que nos regala a nai natureza.





