Unha viaxe creativa polas estacións do ano
OS NENOS E NENAS DE CAMPO LAMEIRO PASARON UN SÁBADO DIVERTIDO CO OBRADOIRO CREATIVO
Os nenos e nenas de Campo Lameiro pasaron un sábado divertido na Praza do Concello co Obradoiro Creativo organizado pola Biblioteca Irmáns Ricoi e dentro do programa Ler conta moito.
O obxectivo deste obradoiro era traballar a motricidade fina e a creatividade en todas as idades. Os participantes leváronse os adornos que confeccionaron para as súas casas.







