Marta Ortiz visita Vilar de Santos con “Casa, casiña, casona”
O mércores, 31 de xullo, visitounos en Vilar de Santos, Marta Ortiz coa sesión de contos “Casa, casiña, casona”, na que descubrimos distintos tipos de casas, grandes e pequeniñas (a da lúa, a do grilo, a da raposa…).
Pasamos unha mañá moi amena e entretida na que os máis pequenos e as súas familias puideron desfrutar dos seus contos e das súas cancións.
Unha actividade sen dúbida moi recomendable.





