“O lapis de Martín” ou como alentar a imaxinación
Este domingo visitounos na BPM de Catoira Sabela, da compañía Sarabela Teatro, para contarnos a historia “O lapis de Martín”. Con esta narración, e da man de Martiña e Martín, a rapazada puido aprender a escapar do aburrimento con estratexias sinxelas e que permiten espertar a imaxinación e a creatividade.





