A Loba Antea na Biblioteca de Pontecesures
Hoxe é o Día das Bibliotecas! Para celebralo os nenos e nenas de 1º e 2º do CPI de Pontecesures gozaron da representación teatral da Loba Antea. Foi moi divertido!
Esta obra é a última actividade de animación á lectura que realizamos dentro do marco Outubro, o mes das bibliotecas.







