A Pita Xefa chega a Cee!
Hoxe 24 de outubro celebramos o Día da Biblioteca no Auditorio Baldomero Cores cas unitarias de Brens e A Pereiriña e os colexios Vila de Cee e Manuela Rial Mouzo. Pasamos unha mañá do máis estupenda ca representación da obra A Pita Xefa da man de Títeres Alakran, unha adaptación do conto homónimo de Marta Lado.
Unha historia moi divertida e reivindicativa que lle encantou aos nenos.
Feliz día das Bibliotecas!





