XEADO DE LÚA na BPM MARÍA MAGDALENA DE MOS
O venres 25 tivemos unha visita moi especial á biblioteca María Magdalena!!!
Títeres Cachirulo deleitounos coa súa obra máxica ” Xeado de Lúa”, un espectáculo cheo de fantasía e dozura que chamou a atención dos nosos pequenos visitantes, de 1 a 3 anos.
Os máis pequenos gozaron de cada momento, entre risas e abraio, explorando un mundo de personaxes encantadores e cores máxicas.
Encántanos ser un espazo onde a imaxinación cobra vida!!!!





