A fada do saco verde
Aida Cobas, coa súa sesión de contos, fíxonos pasar un cacho cheo de diversión captando a atención dos nenos de infantil e 1º de primaria do CEIP Avelino Díaz de Meira que se deixaron levar pola imaxinación e a gran interpretación da artista coa seguridade e confianza que mostra enriba do escenario.





