“O método regueifeiro. Poesía oral improvisada en verso” na Biblioteca José Saramago de Vite

Na Biblioteca José Saramago de Vite visitounos Lupe Blanco, que ensinou ás usuarias asistentes o “método regueifeiro” para a composición de cantigas de forma improvisada. Ademais de desfrutar das súas propias composicións, as asistentes tiveron ocasión de compoñer as súas propias a través das pautas que Lupe lles aconsellou empregar para chegar sempre a unha estrutura harmónica. Que mellor forma de conmemorar as Letras Galegas que cunha homenaxe coma esta á nosa poesía popular oral!





