A Galiña Xosefina na BPM de Vila de Cruces
Este pasado venres 16 de maio puidemos desfrutar da compañía de Paula do grupo de teatro Trémola, a cal nos contou a marabillosa historia da galiña Xosefina.
Xosefina vive nunha granxa xunto cunha gran morea de animais aos que os nenos puideron poñer nome propio. Un día Xosefina descobre que o gandeiro está a facer tortilla cos seus ovos polo que solicita a axuda do resto dos animais e dos nosos cativos para iniciar unha folga. Todos se poñen de acordo e gritan consignas a favor dos dereitos dos animais. Finalmente, a folga remata cun gran baile no que todos participan.


Os cativos permaneceron inmersos na actividade en todo momento e aprenderon a colaborar e a manifestarse a favor dunha boa causa.




