Divertimaxia na biblioteca de Campo Lameiro
Pasamos unha tarde incrible xunto ao mago Javier Muro, quen nos sorprendeu co seu “divertimaxia”, un show cheo de diversión. Foi un evento repleto de risas, onde os nenos e nenas estiveron encantados e moi animados a colaborar nos trucos. Como ben di o mago, “a maxia está en crer no imposible”. E esa tarde todos convertémonos en parte desa maxia!





