Espectáculo “Dende Rosalía ata as Cantareiras”



Este venres 23 de maio realizamos una divertida representación de artes escénicas. O lugar para a representación foi a casa da cultura de San Sadurniño, para poder albergar a moitos nenos e nenas do colexio (C.P.I. San Sadurniño).
O espectáculo chámase “Dende Rosalía ata as Cantareiras”. Da man de “A Xanela do Maxín” e, a través de proxeccións, chistes e historias coñecemos a todas as mulleres ás que se lles dedicou o día das letras galegas. Tamén se proxectaron diferentes expresións artísticas e ata se tocaron algunhas pezas. Aos nenos e ás nenas encantoulles, aprenderon moito e pariciparon de forma activa neste espectáculo.




